lunes, 19 de noviembre de 2012

Visita ao museo

Pois o xoves pasado, 15 de novembro, fomos de visita ao MUNCYT a cidade da Coruña. Chegamos ao museo a eso das 4 da tarde e alí dividímonos en tres grupos segundo os cursos. Ao noso grupo tocoulle unha guía que nos foi explicando cada recuncho do museo, empezando polo antigo faro da Torre de Hércules e rematando pola colección temporal de martillos. Unha das cousas que mais nos chamaron foron os robots que había, os cales puiemos programar nos para que nos falaran. Outra exposición que nos gustou moito foi a do Jumbo Lope de Vega. Iberia doou o avión que transportou o famoso Guernica de Pablo Picaso dende Nova York ata Madrid. Agora o avión atópase no interior do museo dividido en partes. Nós puidemos entrar a ver algunhas partes. Estivemos na sala bussinnes do avión, onde os sillóns eran moi cómodos e todo moi espacioso. Alí puxéronos un pequeno vídeo de 5 minutos contándonos a historia do Jumbo. O museo contaba con diversas salas adicadas a diferentes cousas, estaba a sala dos tesouros, que se atopaba a unha temperatura moi baixa xa que alí se atopaban pezas moi antigas. Tamén había unha sala adicada aos teclados e ás máquinas de escribir, onde nós, puidemos escribir nesas máquinas. Logo tamén había unha sala onde podías levar aparatos tecnolóxicos antigos para poder desmontalos. Había dente tostadores ata pantallas de ordenadores, exprimidores etc... En xeral a visita gustounos a todos e recomendaríamola para volver a visitar,ademáis a entrada é gratiuta así que todo o mundo pode acceder e visitar o museo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario