jueves, 22 de noviembre de 2012
miércoles, 21 de noviembre de 2012
martes, 20 de noviembre de 2012
lunes, 19 de noviembre de 2012
Visita ao museo
Pois o xoves pasado, 15 de novembro, fomos de visita ao MUNCYT a cidade da Coruña. Chegamos ao museo a eso das 4 da tarde e alí dividímonos en tres grupos segundo os cursos. Ao noso grupo tocoulle unha guía que nos foi explicando cada recuncho do museo, empezando polo antigo faro da Torre de Hércules e rematando pola colección temporal de martillos. Unha das cousas que mais nos chamaron foron os robots que había, os cales puiemos programar nos para que nos falaran.
Outra exposición que nos gustou moito foi a do Jumbo Lope de Vega. Iberia doou o avión que transportou o famoso Guernica de Pablo Picaso dende Nova York ata Madrid. Agora o avión atópase no interior do museo dividido en partes. Nós puidemos entrar a ver algunhas partes. Estivemos na sala bussinnes do avión, onde os sillóns eran moi cómodos e todo moi espacioso. Alí puxéronos un pequeno vídeo de 5 minutos contándonos a historia do Jumbo.
O museo contaba con diversas salas adicadas a diferentes cousas, estaba a sala dos tesouros, que se atopaba a unha temperatura moi baixa xa que alí se atopaban pezas moi antigas. Tamén había unha sala adicada aos teclados e ás máquinas de escribir, onde nós, puidemos escribir nesas máquinas. Logo tamén había unha sala onde podías levar aparatos tecnolóxicos antigos para poder desmontalos. Había dente tostadores ata pantallas de ordenadores, exprimidores etc...
En xeral a visita gustounos a todos e recomendaríamola para volver a visitar,ademáis a entrada é gratiuta así que todo o mundo pode acceder e visitar o museo.
domingo, 11 de noviembre de 2012
Museo nacional da ciencia e da tecnoloxía de A Coruña
Os alumnos de 3º, 4º da ESO, e os alumnos e 1º de Bacharelato A/D que teñen TIC, realizaremos unha saída o próximo xoves 15 de novembro ao museo de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña.
O museo recibe o nome de MUNCYT .
O obxectivo deste museo e contribuír á educación científica e a tecnoloxía da sociedade española facendoa comprender, apreciar, utilizar e dasenrolar coñecementos, ectitudes e métodos da ciencia.
No seu interior atoparemos exposicións de todo tipo. Nel tamén se realizan conferencias, actividades lúdico-científicas, colabórase na formación do profesorado de ciencias ....
O MUNCYT pretende ser o escaparate da ciencia española, xa que promove o coñecemento da actividade dos centros nacionais de investigación e actúa como referente socal e punto de encontro en materia científicac e tecnolóxica.
No seu interior, o museo conta con dúas exposicións, a Premios Rey Jaime I, e QWERTY: Evolución de una especie tecnológica.
lunes, 5 de noviembre de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
